miércoles, 25 de septiembre de 2019

A Asociación Sociocultural ASCM presentase na Universidade da Coruña (UDC) como entidade colaboradora no Proxecto Aprendizaxe e Servizo (ApS)

  • A presentación tivo lugar, esta mañá, na Facultade de Ciencias do Traballo do Campus de Esteiro.



A presidenta da ASCM, Paula Gárate, e as nosas compañeiras de accesibilidade e proxectos, presentaron hoxe a nosa Asociación ás alumnas e alumnos do Campus do Esteiro da UDC como entidade colaboradora no Proxecto de Aprendizaxe e Servizo (ApS).

A ApS é unha proposta educativa que combina procesos de Aprendizaxe e Servizo á comunidade nun só proxecto, no cal al persoas participantes se forman traballando sobre necesidades reais da contorna co obxectivo de mellorala. Trátase dunha actividade que integra o servizo á comunidade coa aprendizaxe de contidos e a adquisición de competencias a partires da práctica reflexiva.

Desde ASCM consíderase fundamental establecer vínculos e estratexias comúns cós principais organismos educativos da nosa comunidade autónoma, coa fin de acadar unha ampla sensibilización e concienciación entre aquelas mozas e mozos que, en breve, incorporaránse ao mercado laboral. A idea parte de trasladar a realidade do colectivo a futuros profesionais de diferentes eidos para que estes acaden un achegamento que lles permita implementar a inclusión e a accesibilidade universal, de xeito transversal, ao rol laboral que desenvolvan ao longo das súas traxectorias.

A ASCM e a UDC veñen colaborando durante anos con iniciativas coma as xornadas de mobilidade ‘Xente!! Senta e Sente’ cas alumnas e alumnos UDC, nas que o estudantado ten a oportunidade de sentar nunha cadeira de rodas para experimentar nas súas propias carnes as barreiras arquitectónicas que deben salvar, na súa vida cotiá, as persoas con diversidade funcional. Coa participación neste proxecto, a ASCM, procura establecer unha relación baseada na fluidez e na continuidade, absorbendo a frescura das ideas que poidan aportar as/os estudantes da Universidade da Coruña; ao mesmo tempo que conciencian e sensibilizan aos participantes dos programas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog