- San Valentín acollerá o sábado a Xornada WorkIn, organizada pola ASCM, que pretende concienciar sobre prevención de riscos laborais e muller con discapacidade e emprego.
A ASCM dentro das actividades “XMULLER=. Súmate e completa a ecuación” , enmarcadas no proxecto de Iniciativa Xove financiado pola Consellería de Política Social e Benestar da Xunta de Galicia, organiza a “Xornada WorkIn” en San Valentín (Fene), o sábado 21 a partir das 16.30 h. O obxectivo da proposta é concienciar sobre a importancia da prevención dos riscos no eido laboral e visibilizar as distintas capacidades existentes no mercado de traballo.
A xornada, dará comezo ás 16.30 h., no Paseo de San Valentín cun desfile de uniformes profesionais inclusivos; cedidos pola empresa de roupa profesional “COMAS” e escenificado polo equipo de Voluntariado Inclusivo da ASCM. O evento continuará no CPS San Valentín cunha dinámica coach, impartida pola experta en intelixencia emocional, Sabela Naranjo. A intencionalidade é a de motivar, de xeito dinámico, das posibilidades de empoderamento da muller con discapacidade no eido laboral. A iniciativa rematará cun pequeño ágape temático, de tupper saudable, para potenciar unha dieta equilibrada, entre as/os asientes.
A iniciativa está totalmente aberta ao público e de balde. O vindeiro sábado, 28 de setembro, pechará o ciclo ““XMULLER=. Súmate e completa a ecuación”, unha Xornada Geek que terá lugar en Xubia (Narón) e que dará un toque friki e desenfadado ao noso entorno. Para máis información sobre estas actividades, as persoas interesadas, poderán resolver as súas dúbidas no teléfono 981 35 14 30 ou no correo electrónico comunicacionascm@gmail.com. Se prefieren solicitar información de xeito presencial, poderán facelo nas oficinas de San Roque e Ánimas Bajos 18-19, Bloque 2, en horario de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 h.
Repercusión en medios:
No hay comentarios:
Publicar un comentario