viernes, 13 de septiembre de 2019

A ASCM celebra a Semana da Mobilidade Europea e distintos Concellos da comarca

  • A ASCM realizará a súa iniciativa “Xente!! Senta e Sente” coas corporación municipais dos concellos da comarca.

Cartaz oficial da semana da mobilidade.


A Asociación Sociocultural ASCM, dentro do marco da “Semana da Mobilidade Europea”, traslada a súa iniciativa, de sensibilización, “ Xente!! Senta e Sente”, ás corporacións municipais dos concellos de Neda, Narón e Fene. Esta celebración, que ten lugar cada ano, entre o 16 e o 22 de setembro, ten por obxectivo promocionar a mobilidade sostible e fomentar o desenvolvemento de boas prácticas e medidas permanentes. A ASCM, desde a súa área de accesibilidade, traballa a prol da eliminación de barreiras que favorezan a accesibilidade universal na nosa Comunidade Autónoma. 


Con esta proposta, pretenden concienciar ás/os nosas/os representantes políticos da importancia de abogar por unha planificación que favoreza a inclusión do colectivo na vida pública. Así o tour “Xente!! Senta e Sente”, promovido pola entidade, comezará o luns ás 11.30 h., no Concello de Neda; e continuará en Narón, o martes, ás 11.30 h.; finalizando en Fene, o xoves, ás 11.00 h. A totalidade dos percorridos terán, como punto de partida, a entrada da casa consistorial do concello correspondente. Ás/os representantes públicos, das administracións participantes, poderán unirse todas aquelas persoas que desexen experimentar, en primeira persoa, o que é subirse a unha cadeira de rodas. 


Para máis información sobre esta proposta, as persoas interesadas, poderán resolver as súas dúbidas no teléfono 981 35 14 30 ou no correo electrónico comunicacionascm@gmail.com. Se prefieren solicitar información de xeito presencial, poderán facelo nas oficinas de San Roque e Ánimas Bajos 18-19, Bloque 2, en horario de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 h.


Repercusión en medios:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog