lunes, 9 de septiembre de 2019

A ASCM prepara unha serie de sábados temáticos, dentro do programa Iniciativa Xove


  • O programa XMULLER= procura un achegamento das persoas máis novas á actividade da ASCM, a través dunha serie de xornadas temáticas.
Cartaz do Programa de Iniciativa Xove.


A ASCM, dentro do programa de Iniciativa Xove promovido pola Xunta de Galicia, desenvolverá durante o mes de setembro unha serie de xornadas temáticas. O obxectivo pasa por tratar de achegar o labor desenvolvido pola entidade a un público novo. O programa XMuller= terá a perspectiva de xénero moi presente. O slogan da proposta "súmate e completa a ecuación" pretende motivar á participación do maior número de persoas posibles.

O programa está formado por 3 xornadas temáticas: A xornada do noso (14 de setembro), Xornada WorkIn (21 de setembro) e a Xornada Geek (28 de setembro). A continuación, detallamos o programa de cada unha das iniciativas que serán de carácter libre e gratuíto até completar aforo.




  • A xornada do noso: terá lugar o sábado 14 de setembro no local da Asociación de Veciños de Santa Comba, en Covas, ás 18.00 h. O evento consistirá nun encontro interxeneracional que terá como eixo central a cultura tradicional galega. Haberá un desfile de roupa tradicional; amosando as diferentes capacidades existentes na sociedade galega. O encontro estará amenizado polo alumnado da Escola do Padroado de Cultura do Concello de Narón.  Despois do desfile haberá un intercambio de experiencias e degustación de postres tradicionais galegos. A actividade é de carácter libre e gratuíto até completar aforo.




  • A Xornada WorkIn: terá lugar o sábado 21 de setembro no paseo de San Valentín (Fene). Esta xornada estará centrada no mercado laboral e a importancia de reivindicar unha maior presenza da muller con discapacidade neste eido. A xornada dará comezo cun desfile de uniformes profesionais polo Paseo de San Valentín. Despois desta actividade, a xornada terá lugar no CPS San Valentín cun coloquio de experiencias e prevención de riscos e unha degustación de comida de tupper saudable para levar ao traballo. A participación neste evento é de carácter libre e de balde até completar aforo.





  • A xornada Geek: terá lugar o sábado 28 de setembro no Paseo de Xubia (Narón). O epicentro desta actividade será a temática friki. A xornada inclúe unha andaina friki polo paseo, que será mediante inscrición previa e con disfraces de diferentes series e películas. Antes da citada andaina, a Asociación de Veciños Altea de Xubia, acollerá unha charla coloquio sobre a historia do videoxogo e o papel da muller, coa colaboración da Universidade da Coruña. Pechará a xornada unha degustación de comida friki "food freak" , no citado local, para recuperar forzas despois da andaina.



Desde ASCM iremos concretando información de cada unha das xornadas, nas que pretendemos participe o maior número de persoas posibles.  A idsea é trasladar a idea da inclusión, de xeito transversal, a tódalas esferas da vida. Para máis información relativa á iniciativa de XMULLER= está dispoñible o mail comunicacionascm@gmail.com ou o teléfono 981 35 14 30.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog