jueves, 18 de julio de 2019

A ASCM preséntase como candidata a representante das entidades culturais na Xunta do Padroado de Cultura do Concello de Narón


  •  Ás 19.00 h exercerán o seu dereito a voto as entidades culturais participantes.



A Asociación Sociocultural ASCM, dentro das súas liñas prioritarias de actuación, destaca a defensa da implementación dunha cultura inclusiva na nosa sociedade. Neste senso, resulta fundamental acadar voz e representación nos órganos máis representativos do eido da cultura na nosa contorna.


Deste esta visión catalizadora do cambio cara unha sociedade máis inclusiva, a Asociación Sociocultural ASCM, presenta candidatura para representar ás entidades culturais na Xunta do Padroado do Concello de Narón.  A partir das 18.00 h comezarán as votacións dos diferentes sectores participantes: representantes dos consellos escolares e as asociacións veciñais. O organismo estará formado por designación de dous representantes das asociacións de veciños, tres representantes das entidades culturais e un representante dos consellos escolares dos colexios públicos, todos eles, con sede no Concello de Narón.


Destacamos o paso dado pola Asociación Sociocultural ASCM en materia de cultura inclusiva no Concello de Narón; procurando darlle un enfoque diverso, accesible e inlusivo á oferta cultural da cidade para acadar unha sociedade na que todas e todos teñamos cabida.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog