Mostrando entradas con la etiqueta xuvenil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xuvenil. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de octubre de 2019

A ASCM participou, a fin de semana, no evento Mocidade celebrado en Santiago de Compostela


  • A Asociación Sociocultural ASCM instalará, durante as xornadas, para visbilizar o traballo da entidade, entre os asistentes.
                                    Cartaz oficial de Mocidade.




A Asociación Sociocultural ASCM viaxou o venres a Santiago de Compostela para participar no evento Mocidade, que tivo lugar, entre o 25 e o 27 de outubro, na Cidade da Cultura. A equipa de voluntariado inclusivo da entidade, formou parte do evento coa instalación dun stand informativo.


Membros da ASCM xunto á Directora Xeral de Xuventude, Participación  e Voluntariado.


O encontro tivo como obxectivo promover e estimular a creatividade e o espírito emprendedor da mocidade galega e portuguesa a través dun espazo aberto á participación, ao tempo que fortaleceu os lazos de cooperación transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal, especialmente en temas que melloren a empregabilidade da xuventude. “Mocidade” promoveu
o diálogo entre os participantes galegos e portugueses, pero tamén busca asentarse como un evento de referencia para os mozos e mozas grazas a unha programación multidisciplinar, moderna e á vangarda das novas correntes e sectores emerxentes.

               A equipa de Voluntariado Inclusivo có Langui.


Esta iniciativa forma parte da proposta da Xunta de Galicia que, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, e coa colaboración dos socios do proxecto Lidera, pon en marcha “Mocidade: Encontro da xuventude creativa e emprendedora Galicia – Norte de Portugal”, un espazo de formación, creatividade, emprendemento, cultura e lecer que permitirá establecer sinerxías, compartir experiencias, proxectos e ideas, e impulsar á xuventude no seu desenvolvemento persoal e profesional.

Repercusión en medios:


martes, 22 de octubre de 2019

A ASCM reivindicou a necesidade do empoderamento da Muller con Dispacidade no IES Saturnino Montojo


  • A equipa de Voluntariado Xuvenil da ASCM, impartiu, hoxe, unha charla de concienciación no IES Saturnino Montojo.
Cartaz oficial da charla da ASCM no IES Montojo.

A Asociación Sociocultural ASCM, dentro do marco do programa de Voluntariado Xuvenil financiado pola Xunta de Galicia, impartiu hoxe unha charla no IES Saturnino Montojo, a preto de 60 alumnas e alumnos de 4º ESO. O obxectivo da iniciativa foi o de visibilizar a dobre discriminación á que debe facer fronte a muller con discapacidade na sociedade actual. A charla foi impartida por voluntarias e voluntarios da entidade.

    Imaxe da charla desta mañá. Foto: Rebeca Ogando,


Desde ASCM consideran fundamentais este tipo de sinerxias con centros educativos coa fin de fomentar valores como a inclusión e a cooperación. A iniciativa de "Muller na Sociedade. Violencia de Xénero e Discapacidade" procura a defensa da necesidade de empoderamento da muller con discapacidade. A intención das voluntarias xuvenís da ASCM é o de procurar a sensibilización da mocidade galega, dende unha óptica proactiva e reivindicativa; desbotando a posibilidade de fomentar o conformismo das mulleres con discapacidade e o rol que veñen a desenvolver.


Imaxe da charla da ASCM. Foto: Rebeca Ogando.

Ademais, as voluntarias xuvenís, están levando a cabo un proxecto web coa actualización do noso blog de Área Muller ; incorporando recursos, guías e manuais de Muller e Discapacidade, seguindo o marco do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero e posicionando o sitio web como punto de referencia para as mulleres do colectivo. O seu labor pode consultarse tamén no instagram Muller en Positivo.

Repercusión en medios:





  • Diario de Ferrol, 25-10-2019 "Charla sobre Muller e Discapacidade no IES Saturnino Montojo"