Mostrando entradas con la etiqueta vídeo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vídeo. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de enero de 2021

ASCM abre o prazo de inscrición ao seu proxecto xacobeo: SporTodxs Galicia

SporTodxs Galicia é unha iniciativa de promoción do Camiño de Santiago que forma parte da
rede O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.




A Asociación Sociocultural ASCM, que traballa desde hai máis de 30 anos pola plena inclusión das persoas con discapacidade, abre hoxe as inscricións do seu proxecto de promoción do Camiño de Santiago SporTodxs Galicia. Esta iniciativa, enmarcada dentro do programa da Xunta de Galicia, O teu Xacobeo, busca a promoción do Camiño de Santiago desde unha óptica inclusiva e comprometida có colectivo de persoas con discapacidade. A proposta, de carácter participativo, constará de diversas actividades: Andaina Virtual, Concurso audiovisual e Concurso de debuxo. As persoas, interesadas en participar nos concursos, poderán inscribirse até o 23 de febreiro.




SporTodxs Galicia é unha proposta orixinal da ASCM para promover o Xacobeo 2021 de xeito sensibilizador e comprometido. A entidade promove, así, unha serie de actividades, entre as que se atopan os concursos audiovisual e de debuxo, que xa teñen aberto o prazo de inscrición. As persoas interesadas en formar parte da iniciativa poderán consultas as bases íntegras na seguinte ligazón: Bases SporTodxs e formalizar a súa participación cubrindo o seguinte formulario :Inscrición SporTodxs Galicia.




Nas bases están detallados os requisitos e prazos de entrega de cada unha das modalidades de concurso que culminarán con votacións en redes sociais e agasallos para as persoas que resulten gañadoras. ASCM promoverá, asimesmo, unha andaina virtual no mes de febreiro na que todas e todos poderemos visibilizar, de xeito seguro, as posibilidades patrimoniais e humanas do Camiño de Santiago. A participación na andaina poderá formalizarse a partires do 8 de febreiro.

viernes, 15 de mayo de 2020

Guadi Galego pon voz á celebración do Día das Letras Galegas da ASCM


.   A Asociación Sociocultural ASCM celebra o día das nosas letras cun vídeo, con música da artista cedeiresa, que visibiliza que ser galego deixa marca.




A Asociación Sociocultural ASCM celebra o Día das Letras Galegas cunha montaxe audiovisual “Galego a flor de pel”, na que pretenden visibilizar que - “ser galego se leva moi fondo e deixa pegada, marca”-.  A iniciativa consistiu en gravar, no pel, palabras en lingua galega para fomentar o se emprego en tódolos ámbitos da vida. As fotografías, enviadas por persoas de toda a nosa Comunidade, están acompañadas polo tema “Recoñecéndome” da artista cedeiresa, Guadi Galego.

Guadi Galego non dubidou en sumarse a esta iniciativa - afirmando que -“emociona cando se emprega a súa música para estes proxectos”. Desde a entidade do Terceiro Sector agradecen a xenerosidade da artista ao ceder o tema para a realización da peza conmemorativa. Outros colectivos coma a organización do festival equino, “Equiocio” quixeron aportar o seu gran de area para a realización do vídeo; achegando unha fermosa imaxe, na que a natureza de Covas cobra especial protagonismo.

A equipa de Voluntariado Inclusivo de ASCM fixo posible, unha vez máis, esta iniciativa que pretende que a cultura non pare, pese á crise sanitaria que se está a vivir. Unha fantástica oportunidade de reivindicar a lingua, nun ano no que a efeméride lingüística está adicada ao ferrolán, Ricardo Carvalho Calero.  A peza estará subida nas redes sociais da entidade para que toda a cidadanía poida sentir, máis ca nunca, o “galego a flor de pel”.

Repercusión en medios: