Mostrando entradas con la etiqueta universidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta universidade. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de julio de 2021

A ASCM colabora coa EUDI no diseño de catamaráns accesibles

Dende a ASCM apostamos por un diseño para tod@s, por eso consideramos fundamental fortalecer os vínculos de colaboración co Campus Industrial Ferrol de onde saen futuros profesionais.

É todo un pracer poder aportar a nosa experiencia no eido da discapacidade, xunto con outras entidades, para que os estudantes do Grao en Inxeñeria en Diseño Industrial e desenrrolo de productos do curso 2019/2020 poideran diseñar diferentes opcións de catamarán accesible tendo como referente o modelo "Xouva 4.90".

O pasado martes acudiamos a presentación realizada pola UDC onde profesores e alumnos presentaban o seu traballo arropados pola Vicerrectora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social- María Jesús Movilla Fernández , e o director da EUDI José Ramón Méndez Salgueiro, xunto coas persoas representantes das entidades que colaboraron no proxecto: 

PRAXXIS

Gemma de la Montaña Garrido, presidenta da Asociación Náutica, Social e Ecolóxica A-O2 Velas.

Laurent Ogel, Presidente de Praxxis Inclusion cooperativa galega sen ánimo de lucro.

José Ballester, Director de XoubaBoats.

ASCM

Paula Gárate, Presidenta.

Toñita Espiñeira Freire, Tesorera.

Eva Losada Fonticoba, Vocal.

ASOCIACIÓN PERSOAS XORDAS FERROLTERRA

Teresa Gallo Lastra, Presidenta.

Rubén Giz Martínez, Vicepresidente.

Susana Carregado Silva, Vocal.









lunes, 7 de octubre de 2019

A ASCM promove, entre os alumnos da EUDI, unha xornada "sobre rodas"



  • A ASCM concienciará aos futuros deseñadores industrais da necesidade de pensar en chave de accesibilidade universal.

 
Cartaz oficial da iniciativa Xente!! Senta e Sente na EUDI.


A ASCM achegará, o mércores, a necesidade dunha sociedade accesible ao alumnado da Escola de Deseño Industrial do Campus de Ferrol, coa súa iniciativa “Xente!! Senta e Sente”. A partir das 16.00 h., os futuros diseñadores industrias, experimentarán en primeira persoa o que supón desprazarse en cadeira de rodas polas instalacións do campus.

A ASCM e a UDC teñen asinado un convenio de colaboración có obxectivo de trasladar ao alumnado as distintas capacidades existentes na nosa sociedade. Tras unha primeira toma de contacto, o pasado setembro, na que a entidade achegou ás aulas o seus principais obxectivos; o mércores comezarán as actividades conxuntas, entre ambos organismos, coa proposta orixinal da ASCM, “Xente!! Senta e Sente”.


Desde a Asociación Sociocultural ASCM consíderase fundamental abogar por este tipo de sinerxias que favorezan a concienciación e sensibilización da cidadanía no seu conxunto. Dentro deste marco de actuación, o colectivo estudantil é prioritario e, especialmente, a área de deseño industrial polo futuro papel que desenvolverán na construción e planteamento dunha sociedade máis accesible.


A ASCM tamén achegará a realidade das persoas con dispacidade e as barreiras arquitectónicas que deben salvar no seu día a día ás alumnas e alumnos do Instituto Rodolfo Ucha Piñeiro, do barrio de caranza, o vindeiro xoves, a partir das 10. 30 h. Todas aquelas institucións e colectivos interesados en achegar a iniciativa “Xente!!, Senta e Sente” ao seu ámbito de actuación, poden poñerse en contacto coa entidade a través do teléfono 981 25 14 30 ou do comunicacionascm@gmail.com.