A entidade visitou Pontedeume, Vilalba e Sarria nesta primeira incursión por terras galegas
A Asociación Sociocultural ASCM, que traballa desde hai máis de 30 anos pola plena inclusión das persoas con discapacidade, iniciou a súa xira de visibilización da diversidade no Camiño de Santiago, esta mesma fin de semana. SporTodxs Galicia é unha iniciativa de ASCM, enmarcada no programa de O teu Xacobeo da Xunta de Galicia. Pontedeume, Vilalba e Sarria foron as localizacións desta fin de semana.
SporTodxs Sobre Rodas está englobado dentro da proposta orixinal da Asociación Sociocultural ASCM, SporTodxs_Galicia. A entidade percorrerá, asimesmo, as cidades de Pontedeume, Padrón, Cee, Lalín, Melide e Redondela. A través dun plató itinerante invitarán á cidadanía a participar de distintas actividades que sensibilicen sobre a realidade das persoas con diversidade funcional cós distintos camiños coma fío condutor.
No caso de Sarria, ASCM fixo entrega dos premios ao escolares premiados pola súa participación no concurso de debuxo XacobIN, organizado pola entidade no marco de SporTodxs Galicia. A iniciativa contou có apoio das corporacións municipais que participaron, tamén, do acto.
Repercusión en medios:
- Enfoques Ferrolterra, 2020-03-11 "ASCM llega este fin de semana a Pontedeume con la actividad “SporTodxs Galicia”"
- Diario de Ferrol, 2020-03-13 "La ASCM recala hoy con su gira SporTodxs Galicia en el convento de San Agustín"
- La Voz de Galicia, 2020-02-13 "SporTodxs Galicia llega al Eume".
- Diario de Ferrol, 2020-02-14 "La gira SporTodxs de la ASCM recaló en Pontedeume".
- El Progreso Lugo, 2020-03-15 "Una asociación reacala en Sarria en su gira a favor de un camino inclusivo".
- Cadena SER, 2020-03-15 "Paula Gárate charla con Raúl Salgado en Cadena SER".
- Galiciae, 2020-03-15 "Una asociación recala en Sarria em su gira a favor de un camino inclusivo"
No hay comentarios:
Publicar un comentario