lunes, 8 de febrero de 2021

ASCM organiza unha andaina virtual para promover o Camiño de Santiago


A andaina virtual, SporTodxs Galicia, forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.





A Asociación Sociocultural ASCM organiza unha andaina virtual para promover o Camiño de Santiago, desde unha óptica inclusiva. A iniciativa está enmarcada dentro do programa da Xunta de Galicia, O teu Xacobeo. As persoas interesadas en participar, poderán inscribirse até o vindeiro 18 de febreiro. A andaina terá lugar entre o 21 e 28 de febreiro, a través das redes sociais. As persoas participantes recibirán no seu email un dorsal imprimible có que deberán fotografarse pola inclusión.



A participación, deberá formalizarse a través do seguinte formulario :Inscrición SporTodxs Galicia. Non se trata de realizar moitos km, senón de visibilizar as diferentes capacidades existentes na sociedade, polo que poderán participar persoas de tódalas idades. As persoas inscritas deberán sacarse unha fotografía ou gravar un vídeo, de xeito individual ou en grupos de convivintes, có dorsal e a maior dose de cor posible; empregando coma telón de fondo a paisaxe da súa localidade. As pezas deberán ser enviadas ao 604 05 57 03 ou ao mail: info@ascmgalicia.org



O camiño de Santiago ten a súa maior riqueza na diversidade paisaxística, arquitectónica, etc., unha fantástica analoxía da riqueza que supón a diversidade humana. Algo que desde ASCM, levan reivindicando máis de 3 anos. A COVID-19 fai necesario reinventarse, pero temos a oportunidade de participar, de balde, nunha iniciativa inclusiva e sensibilizadora que permita seguir avanzando no camiño da inclusión.

Repercusión en medios:


















  • Diario de Ferrol, 2020-02-11 "Andaina Virtual".



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog