ASCM celebra os Reis Magos regalando cultura co seu sorteo de Facebook
Xa temos gañadoras do sorteo de Facebook da nosa páxina oficial. Fidelina Cibreiro, María José Pena e María Pita foros as persoas agraciadas que recibirán un pack de libros de O que o ollo sente e Cenx100.
Poderán pasar a recoller o agasallo á sede da ASCM, Rúa San Roque e Ánimas, Bloque 2 (Baixos 18-19) e/ou á Delegación de Narón, en Avda. da Solaina 108, baixo, a partires do 11 de xaneiro, en horario de oficina, de luns a venres (9.00 a 13.00 h ). A data límite para a recollida dos agasallos será o 1 de febreiro.
En caso de que a/as persoa/s gañador/as, non teñan posibilidades de desprazamento ao punto de recollida, ASCM, non asumirá os custos de facer o envío do agasallo por correo; tendo que asumir o particular, en caso de estar interesado, os gastos derivados de envío e xestión do paquete ao seu domicilio.
ASCM procura, con esta iniciativa, agasallar con cultural inclusiva ás persoas seguidoras da entidade nos seus perfís sociais; favorecendo a difusión e viralización dos seus contidos de reivindicación da plena inclusión das persoas con discapacidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario