viernes, 24 de enero de 2020

ASCM estrea páxina web cargada de contidos e información


  • ASCM Galicia presenta a súa páxina web, grazas á financiación da Xunta de Galicia, a través de Voluntariado.
            Apariencia da nova web da ASCM Galicia.

A ASCM presenta nova páxina web cargada de información e contidos para facilitar a navegación das persoas usuarias. Esta iniciativa foi desenvolvida grazas á financiación da Xunta de Galicia, a través do programa de Voluntariado. O deseño correu a cargo da empresa ferrolá 2ksystems e pode visitarse a través da seguinte URL: www.ascmgalicia.org. ASCM procura con este novo espazo dixital mellorar a navegabilidade das persoas visitantes do site desde calquera dispositivo electrónico.


A entidade pretende seguir fomentando o emprego das novas tecnoloxías, dentro do colectivo, mediante ferramentas como a desta nova páxina web. Asimesmo, a transparencia e outra das dimensións fundamentais para ASCM coma Entidade de Utilidade Pública. A través da web, as persoas interesadas poderán coñecer as novidades ofertadas pola entidade, acceder ao servizo de Whatsapp informativo "ASCMÓVIL" ou descargar os documentos públicos da entidade (memoria, estatutos,etc.)


Asimesmo, ASCM conta con diferentes blogs informativos, adecuadamente vinculados coa súa páxina principal e dando resposta a demanda dunha maior especialización de contidos por parte dos usuarios. Así, aquelas persoas interesadas poderán acceder as novidades específicas de cada unha das áreas da entidade (deporte, muller, voluntariado, etc) de xeito directo. 

Desde ASCM agardamos que o novo deseño sexa cómodo e navegable para todas e todos e que o empreguedes como ferramenta para ter toda a información a golpe de click.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog