- A ASCM sensibilizou aos estudantes da importancia da accesibilidade universal a través da iniciativa “Xente!! Senta e Sente”.
Cartaz da actividade co CIFP Rodolfo Ucha. |
A ASCM achegou, esta mañá, a
necesidade dunha sociedade accesible ao alumnado do Centro de Formación Profesional
Integrado, Rodolfo Ucha Piñeiro, coa súa iniciativa “Xente!! Senta e Sente”. Os estudantes de primeiro curso de TAFAD, experimentaron, en primeira persoa, o que
supón desprazarse en cadeira de rodas polas inmediacións do centro académico.
Desde a Asociación Sociocultural ASCM consíderase
fundamental abogar por este tipo de sinerxias que favorezan a concienciación e
sensibilización da cidadanía no seu conxunto. Dentro deste marco de actuación,
o colectivo estudantil é fundamental polo futuro papel que desenvolverán na
construción e planteamento dunha sociedade máis accesible, desde unha óptica transversal. A iniciativa foi acollida con entusiasmo e interese polas persoas participantes e a valoración foi positiva para ambas entidades. Os estudantes realizaron un percorrido polas instalacións do centro con dinámicas habituais: acudir ao mostradodor de conserxería, pedir na cafetería, tirar un papel ao lixo, facer emprego dos aseos, etc; testando, así, as barreiras arquitectónicas que pasan desapercibidas por tod@s. Ademais, a equipa de voluntariado inclusivo da ASCM achegou aos asistentes á xornada as diferentes tipoloxías de cadeira existente, manexo básico e mantemento das mesmas, etc.
Alumnos do CIFP Rodolfo Ucha no mostrador da cafetería. |
Esta actividade forma parte do roteiro que a ASCM realiza polos centros académicos da comarca. O vindeiro día 17 de outubro, estudantes de Deseño Industrial, achegaránse á Sede da ASCM para coñecer a realidade das cadeiras de rodas: tipoloxías existentes, mantemento básico, manexo. Todas aquelas institucións e colectivos
interesados en achegar a iniciativa “Xente!!, Senta e Sente” ao seu
ámbito de actuación, poden poñerse en contacto coa entidade a través do
teléfono 981 25 14 30 ou do comunicacionascm@gmail.com.
- Diario de Ferrol, 2019-10-10 "Alumnos del CIFP Rodolfo Ucha analizarán la accesibilidad del Barrio de Caranza".
No hay comentarios:
Publicar un comentario