sábado, 29 de mayo de 2010

O Jofre acollerá este domingo a obra “Angelina o el honor de un brigadier”, do dramaturgo Enrique Jardiel Poncela









• O espectáculo enmárcase no convenio de colaboración asinado polo alcalde, Vicente Irisarri, e a entidade Caixanova
• As entradas están xa á venda na web (www.ferrrol.es/jofre) e no Punto de Información Cultural do Teatro a 15, 13 e 11 euros

Ferrol, 25 de maio de 2010.-

“Angelina o el honor de un brigadier” é o título da próxima función teatral que acollerá o Teatro Jofre. Será o vindeiro 30 de maio ás 19.00 horas, tal e como avanzou a concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, quen destacou que esta actuación se enmarca dentro do convenio de colaboración que en materia cultural asinaba recentemente o alcalde, Vicente Irisarri, coa Fundación Caixanova. A este respecto, a responsable das políticas culturais municipais animou aos cidadáns e cidadás a achegarse ata o Punto de Información Cultural (PIC) do Teatro e adquirir a entrada para asistir a este espectáculo baseado na obra do mesmo nome escrita polo escritor e dramaturgo español Enrique Jardiel Poncela (Madrid, outubro de 1901-febreiro de 1952). ¿O prezo? 15, 13 e 11 euros. Tamén é posible mercalas a través da páxina web municipal (www.ferrol.es/jofre).

Dirixida por Juan Carlos Pérez de la Fuente, a obra conta cun reparto de luxo: Chete Lera, Soledad Mallol, Jacobo Dicente, Carolina Lapausa, Luis Perezagua, Carmen Arévalo, Daniel Huarte, Sara Rivero, Samuel Señas, Paco Blázquez, Ana del Arco e Zorión Eguileor. En total, 12 actores e actrices que interpretan a que foi a primeira comedia de humor xenuíno do autor e a primeira mostra das pezas que Jardiel Poncela denominou parodia hilarante do drama de honor decimonónico. É, á súa vez, un dos textos menos representados na actualidade do dramaturgo madrileño, considerado unha das figuras máis controvertidas do teatro español. Tamén a primeira que Jardiel Poncela compuxo atendendo á súa propia concepción innovadora do teatro do humor e coa que acadou un gran éxito.

A acción de “Angelina o el honor de un brigadier” transcurre en Madrid na primavera do ano 1880 e ten como protagonista a Angelina, filla de Don Marcial, o brigadier, quen se escapa con Germán o día da súa petición de man, o que provoca unha situación divertida e unha búsqueda incesante por parte do seu pai e o noivo abandonado.

O texto, estreado no ano 1934, pretende achegar ao espectador do século XXI ao Jardiel máis delirante, orixinal e vangardista que aborda ao mesmo tempo temas de gran actualidade e arraigo na cultura española.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog