viernes, 19 de febrero de 2010

O número de comparsas que participarán no Festival de Entroido organizado polo Concello medra ata situarse en 13


Beatriz Sestayo, destaca o éxito desta convocatoria, con catro agrupacións máis que no 2009. Todas elas recibirán 700 euros por participar. Máis de 350 persoas participarán no encontro, que se celebrará na praza de Armas a partir das 20.15 horas

A concelleira de Festas, Beatriz Sestayo, avanzou o número de comparsas que este ano participarán no desfile e concurso que o Concello de Ferrol celebrará o vindeiro 16 de febreiro, Martes de Entroido. A este respecto, destacou o éxito de participación acadado, sendo a cifra superior á rexistrada no 2009, toda vez que foron 13 as comparsas que amosaron o seu interese por participar neste encontro fronte ás 9 do ano anterior. Estas proceden non só da cidade de Ferrol senón tamén doutros concellos da comarca como Narón, Fene, Neda, Valdoviño ou Cedeira, sendo en total 352 as persoas que participarán nesta convocatoria do Entroido. As comparsas participantes son as seguintes:

NOME
NÚMERO DE COMPOÑENTES
PROCEDENCIA
Marela-Ven
20
Ferrol
Os Parrandolos
35
Narón
Suricatas en el oeste
25
Neda
Os Kikos
52
Cedeira
A Revolta
20
Ferrol
Os Trastos
18
Valdoviño
A Canteira
29
Neda
Troupele Troupele
25
Narón
Os Colludos
20

Ferrol/Narón
Os nenos de Lola
23
Narón
Os Xunquiños
42
Fene
As Espontáneas
23
Narón
Os Scratchados
20
Fene


A estas agrupacións sumarase a comparsa da APA do colexio Isaac Peral que participará co nome de “Peraliño”. A este respecto, a edil Beatriz Sestayo lembrou que este ano o Concello cursou por primeira vez unha invitación formal aos centros educativos da cidade para que participen neste festival formando unha comparsa cun mínimo de 15 integrantes.

Todos eles tomarán parte no tradicional desfile de comparsas e disfraces, que se iniciará o Martes de Entroido ás 19.30 horas na praza de Amboaxe. Dende alí, as formacións dirixiranse ata a praza de Armas, pasando polas rúas Real, Carme e Galiano. Alí terá lugar, a partir das 20.15 horas, o Festival de Comparsas e Disfraces, no que cada agrupación actuará durante un mínimo de seis minutos e un máximo de 10, interpretando as súas cancións en galego. Todas elas permanecerán nas rúas da cidade ata as doce da noite ou, de prolongarse o festival máis do previsto, ata que este finalice. A comparsa gañadora, tal e como lembrou a concelleira Beatriz Sestayo, levarase unha cesta de produtos típicos do Entroido -valoraranse os disfraces, as letras das súas chirigotas e a súa posta en escena-. A maiores, cada unha das comparsas recibirá 700 euros pola súa participación no festival.

Os actos organizados polo Concello para o Martes de Entroido incluirán así mesmo o reparto gratuíto de torradas, orellas e filloas na praza de Armas, a partires das 20.15 horas. Tamén nesta xornada os máis pequenos poderán gozar entre as 16.30 e as 17.30 da “Hora feliz” nas atraccións de feira que dende o día 12 e ata o 21 estarán no Cantón de Molíns.

Pero a celebración do Entroido iniciarase este mesmo sábado, 13 de febreiro, cunha festa infantil na praza de Armas, que se celebrará entre as 17.00 e as 20.00 horas e incluirá un desfile cos nenos que vaian disfrazados. Ás 17.00 horas haberá un pasarrúas: “O mundo do circo”, a cargo da agrupación Troula, así como unha degustación de lacón con grelos, neste mesmo espazo, que estará amenizada polos integrantes da charanga “Os charangos de Neda”.

O luns día 15 terá lugar a primeira xornada do concurso de Tapas de Entroido, que por segundo ano consecutivo organiza o Concello de Ferrol xunto coa Asociación de Hosteleiros de Ferrol e Comarca. Este celebrarase nos establecementos hostaleiros para escoller a mellor tapa típica do Entroido. O dito concurso terá lugar en horario de 11.00 a 15.00 e finalizará o Martes de Entroido

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog