viernes, 19 de febrero de 2010

Fene vai de entroido, 2010

Mañá martes 16 de febreiro comenzan os actos do Entroido no Concello de Fene.

E para elo a contamos coa seguinte programación:

Ás 17.30 h do martes 16 na Praza do Concello terá lugar a festa infantil animada pola orquestra Xente Nova.

Para todos aqueles nenos e nenas que se acheguen disfrazados, a organización repartirá unha merenda con lambetadas de entroido, grazas ás seguintes colaboracións:

- Panadería Ramón (Sillobre)

- Panadería “El Cruce” (Maniños)

- Panadería A Ábroa (San Valentín)

- Pastelería “Larpeiradas” (Perlío)

- Pastelería Amaría (Fene)

- Confitería Sara (Perlío)

- Confitería Martínez (Fene)

A iso das 19.00 horas A Comparsa do Enterro, acompañada da Xove Orquestra Local, percorrerá as rúas de Fene: Avda. do Mar, Avda. Marqués de Figueroa e Avda. Naturais de Fene.

E para rematar, ás 22.00 horas velaremos o entroido co baile da orquestra Xente Nova.

Ao día seguinte, mércores 17 de febreiro continuaremos coa seguinte programación:

Ás 18.00 h as comparsas:

- Os Camiñantes de Centieiras

- Os Mochileiros de Centieiras

- A Revolta

- Os Peregrinos Cantores de Centieiras

- Os Rouliños de Neve

- Os Colludos

- Os Jajamelines

- Os Xunquiños

- Os Scratchados de Fene

- Os Parrandolos

- A Canteira

- Comparsa da Residencia de Laraxe

- Comparsa da Residencia Geriatros Ferrol

- Comparsa Centro Xerontolóxico Euxa-Narón

concentraranse diante do establecemento “Aguilar” en Perlío. Para a continuación comenzar o desfile ás 18.30 h polas rúas Avda. Marqués de Figueroa, Cruce de Fene e Avda. Naturais.

Unha vez cheguen á praza do concello, Pichi Varela (locutor de Radio Galega) presentará as actuacións das comparsas e darase paso á lectura do testamento.
Logo, terá lugar o desfile para os PREMIOS ÁS MÁSCARAS INDIVIDUAIS E POR PARELLAS (previa inscrición no baixo da Casa do Concello, de 18.00 horas ata o comenzo da lectura do testamento).

Para rematar, a iso das 20.30 h/21.00 h, máis ou menos, terá lugar a Queima do entroido, notificaranse os/as gañadores/as dos premios ás máscaras e continuará a festa coa orquestra Os Trovadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog