

O cortexo fúnebre, coa Sardiña á cabeza, partiu da recén inaugurada rúa Venezuela arredor das oito da tarde. Sete comparsas acompañaron á defunta no seu percorrido polas principais rúas do barrio ata chegar á plaza de Ultramar, onde deceas de persoas (disfrazadas ou non) esperaban á comitiva. Alí, Os Parrandolos de Piñeiros, Os Trastos de Valdoviño, A Revolta e Troupele-Troupele, da Gándara, Os Suricatas e Os nenos de Lola subíronse ó palco para facer crítica de diferentes aspectos da vida social, cultural, política ou económica tanto da cidade como do resto do país. A comparsa da Asociación de Minusválidos, Os Colludos, non puido actuar debido a que lles foi imposible acceder ó escenario pola rampa que había para facelo. Por problemas de son tampouco puideron cantar abaixo, polo que decidiron non actuar e que a xente gozase do seu espectáculo polas rúas.
O momento álxido chegou coa queima da Sardiña, un ano máis, a cargo de pirotecnia Millarengo de Neda. Así, prendéndolle lume a esta figura (de tres metros de alto por un de ancho) Ferrol deulle a benvida a Dona Cuaresma.
Son moitas as asociacións veciñais e culturais que prolongarán o Entroido durante a fin de semana. En Valdoviño, esta tarde celebrarán o X Festival de Comparsas.
Diario de Ferrol, Sábado 20 de Febrero de 2010
No hay comentarios:
Publicar un comentario