
A autora do libro, Beatriz Dorrio, incidiu en que se trata dun traballo da ASCM trala preocupación da entidade polas denuncias que chegaban sobre persoas con diversidade funcional que sufrían malos tratos. Do total das 180 persoas entrevistadas, nárranse unha ducia de historias “nin as mellores situacións nin as peores, pero casos que permitan ver á xente o que nos atopamos”, explicou.
A psicóloga Carla Iglesias, tamén da ASCM, confía en que esta rencompilación de historias “nos axude a loitar con esta lacra social que é o maltrato”.
O alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, encargouse de pechar o acto, recordando que a pasada semana se asinaba un convenio de 80.000 euros coa asociación e valorando a colaboración entre o Concello e a ASCM. O rexedor municipal destacou a importancia dos datos recollidos no libro e felicitou a todas aquelas persoas que colaboraron no mesmo, animándoos a seguir traballando na mesma liña.
DiariodeFerrol, 28-7-2009
No hay comentarios:
Publicar un comentario