Mostrando entradas con la etiqueta guía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta guía. Mostrar todas las entradas

martes, 18 de mayo de 2021

ASCM continua o seu proxecto educativo de teatro-foro

 O acto telematico co colexio CEIP Santa Maria do Castro de Boiro.


           



Na Asociación Sociocultural ASCM realizamos hoxe unhas xornadas co centro CEIP Santa Maria do Castro de Boiro, sobre a nosa guía didáctica de Teatro-Foro.

Con esta xornada queremos transmitir valores e achegar aos máis novos a unha cultura moito máis inclusiva.

Co Teatro Foro non busca dar unha solución ao problema, busca xerar ferramentas para expresar distintas opcións e puntos de vista, experimentar e dialogar e xerar así conciencia e cambio.


Esta obra "Eu tamén teño dereito..." nace a través de sesións de tormenta de ideas co grupo de teatro da ASCM. Recolléronse así situacións cotiás que revelan a discriminación que os propios actores teñen vivido.

Con este traballo queremos denunciar a "opresión" que de xeito cotiá, normalizado, sofren as persoas con discapacidade.






miércoles, 28 de abril de 2021

ASCM presentará o seu proxecto educativo de teatro foro nun evento semipresencial na Agrupación Instrutiva de Caamouco


O acto, que require de inscrición previa para as persoas que asistan de xeito presencial, será emitido desde as instalacións da Agrupación Instrutiva de Caamouco, o día de maio a partir das 11:30 h.

A Asociación Sociocultural ASCM presentará, o vindeiro sábado 8 de maio ás 11.30 h., a súa proposta educativa de teatro-foro; aproveitando, asimesmo, a data para conmemorar o Día Nacional das Persoas con Discapacidade que se celebra o 3 de maio. O evento de carácter semipresencial, que terá lugar nas instalacións da Agrupación Instrutiva de Caamouco, contará cun aforo reducido de público e poderá ser seguido de xeito virtual, en aberto, a través do Facebook da entidade.


 O grupo de teatro inclusivo da ASCM, dirixido pola artista Eugenia Sanmartín, traballou arreo durante toda a pandemia nunha fórmula de teatro social que convida á reflexión e á participación activa dun público que pasa a tomar parte da narrativa da obra. A entidade busca, con este acto, presentar á comunidade escolar unha guía didáctica coa que o estudantado poderá traballar cuestiones chave, en materia de educación en valores, dun xeito innovador e seguro. Unha oportunidade única para conmemorar o Día Nacional das Persoas con discapacidade; retomando certa normalidade no seo da agrupación de teatro da ASCM. Un grupo moi diverso, constituído por persoas con e sen discapacidade, que reivindicarán a inclusión a través de sketches de situacións da nosa vida cotiá; convidando a reflexionar sobre cuestións de vital importancia para todas e todos. 


Tódalas persoas interesadas en asistir de xeito presencial, deberán formalizar a súa participación a través do seguinte formulario de inscrición: Acto Teatro-Foro ASCMCaamouco e facelo antes do día 6 de maio ás 14.00 h. En simultáneo, o acto poderá ser seguido vía streaming, en aberto, a través do Facebook da entidade: www.facebook.com/AscmGalicia


Repercusión en medios: