A Deputación da Coruña colabora coa ASCM, a través da convocatoria FOAXE-P, no mantemento do servizo de transporte adaptado da entidade. Unha achega de 4.158.22 euros que, neste 2024, permitirán sufragar gastos de persoal que ASCM emprega para facilitar a mobilidade do colectivo de persoas con discapacidade. A través da convocatoria do 0,7 % do IRPF achegaron unha cantidade de 11.866,17 € para facer fronte a gastos de persoal, reparacións, gasoil e seguros.
Grazas a este tipo de contribucións, ASCM, tenta dar cobertura de transporte adaptado a todas aquelas persoas con mobilidade reducida que se vexan condicionadas polas súas características a non poder utilizar transporte público ou que non teñan a posibilidade de ser atendidas por outros medios de transporte adaptado, fomentando a participación activa nas actividades sociais e mellorando así a súa calidade de vida.
A concienciación sobre a importancia da accesibilidade universal, por parte das administacións, é chave para poder seguir avanzando na consecución da plena inclusión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario