viernes, 15 de diciembre de 2023

“TESOUROS DIVERSOS: A riqueza da diversidade”

Proxecto abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027


O próximo luns día 18 a partir das 10:30 h. no local social de A Gándara (Narón) terá lugar a presentación deste proxecto "TESOUROS DIVERSOS" cunha Xornada de valorización dos produtos pesqueiros; nunha primeira sesión de sensibilización ambiental na que se darán a coñecer (dende o punto de vista cultural, patrimonial, gastronómico e biolóxico) diferentes productos da pesca do territorio. A continuación a realizarse unha degustación de productos pesqueiros do territorio.

O proxecto consiste nunha iniciativa de carácter formativo, divulgativo e de sensibilización entorno ao sector marítimo pesqueiro e os seus produtos, promovida por unha entidade de carácter social e na que parte das actuacións propostas van ser executadas por usuarios/as con discapacidade e todas elas serán inclusivas, tratando de xerar sinerxias entre distintos sectores sociais cun obxectivo común: o benestar da comunidade costeira na que nos atopamos e sobre todo a posta en valor e a importancia do sector pesqueiro no territorio.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog