A Deputación da Coruña colabora coa ASCM no seu servizo de transporte adaptado
Grazas a este tipo de contribucións, ASCM, tenta dar cobertura de transporte adaptado a todas aquelas persoas con mobilidade reducida que se vexan condicionadas polas súas características a non poder utilizar transporte público ou que non teñan a posibilidade de ser atendidas por outros medios de transporte adaptado, fomentando a participación activa nas actividades sociais e mellorando así a súa calidade de vida.
A concienciación sobre a importancia da accesibilidade universal,
por parte das administacións, é chave para poder seguir avanzando na
consecución da plena inclusión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario