ASCM participó ayer en la campaña de Voluntariado Galego de la Xunta de Galicia "O Voluntariado Non para"
A presidenta da Asociación Sociocultural ASCM, Paula Gárate, e a Voluntaria do Ano, Isabel Castro, estiveron onte na Praza de España no plató itinerante da campaña "O Voluntariado Non Para" de Voluntariado Galego da Xunta de Galicia.
Ambas explicaron, nunha entrevista emitida en Facebook Live, a esencia do voluntariado da ASCM. Un voluntariado inclusivo no que persoas con e sen discapacidade participan de xeito activo na vida pública da súa contorna.
Isabel Castro, animou a homes e mulleres que se sinten sós a formar parte desta gran familia onde sempre hai algo que aportar e facer: cinema, novas tecnoloxías, conciemciación, etc.
Podes ver a entrevista aquí:
- La Voz de Galicia, 2020-12-10 "Llega a Ferrol la campaña para promover el voluntariado"·
- Diario de Ferrol, 2020-12-10 "O voluntariado inclusivo de ASCM, un exemplo de constancia".
No hay comentarios:
Publicar un comentario