- A candidata de Máis Galicia pola provincia de A Coruña, Carolina Bescansa, visitou a Sede da Asociación Sociocultural ASCM, en Ferrol.
Paula Gárate e Carolina Bescansa atendendo aos medios. Vía: Máis País. |
A Asociación Sociocultural ASCM recibiu, onte, a visita da candidata ao Congreso dos Deputados de Máis Galicia pola Provincia de A Coruña, Carolina Bescansa. Os membros da agrupación Máis Galicia quixeron escoitar, de primeira man, as necesidades e a visión que teñen da realidade as persoas con diversidade funcional.
Desde a ASCM valoramos a reunión como moi positiva pola capacidade de escoita da agrupación que cedeu a palabra e os tempos de exposición aos representantes do colectivo de persoas con discapacidade. Carolina Bescansa, que atendeu ao término aos medios de comunicación, subliñou o traballo que realizamos desde a entidade: "como exemplo de anos de loita e de traballo". Máis Galicia tomou nota das reivindicacións que se fixeron desde a entidade e que abarcaron moi diversas áreas: inclusión, deporte adaptado, cultura, accesibilidade, etc.
A ASCM remarca a súa dispoñibilidade e pluralidade para trasladar aos representantes públicos a realidade das persoas con diversidade funcional para acadar un impulso real en materia de accesibilidade universal e mellorando a situación de todas e todos.
Repercusión en medios de comunicación:
- Galicia Ártabra Digital, 2019-11-05: "Carolina Bescansa reclama más capacidad de escucha a las instituciones en su visita a la ASCM".
- Correo Gallego, 2019-11-05: Bescansa insiste en que la prioridad es "desbloquear" el gobierno para "ofrecer soluciones a la gente".
- Galicia Press, 2019-11-05 "Bescansa insiste en que la prioridad es "desbloquear" el gobierno para "ofrecer soluciones a la gente".
- El Diario.es, 2019-11-05 "Bescansa insiste en que la prioridad es "desbloquear" el gobierno para "ofrecer soluciones a la gente".
- Diario de Ferrol, 2019-11-06 "Bescansa: el objetivo es acumular fuerzas para desbloquear la situación".
No hay comentarios:
Publicar un comentario