miércoles, 24 de julio de 2019

A Asociación Sociocultural ASCM e a Universidade da Coruña (UDC) suscribiron hoxe un convenio de colaboración

                                                                        Foto: cedida UDC. 



  • A sinatura tuvo lugar, esta mañá, na sala de Xuntas da Vicerreitoría do Campus de Esteiro.

A presidenta da ASCM, Paula Gárate, e o reitor da UDC, Julio Abalde, suscribiron hoxe un convenio de colaboración entre ambas entidades. Consistiu nun acordo marco, de carácter xenérico, cunha duración de catro anos e de carácter renovable. Neste derradeiro mes, xa veñen de asinar unha colaboración específica, en materia de aprendizaxe e servizo,  orientada á implicación de alumnado e docencia en actividades e programas desenvolvidos por ASCM.

                                          Momento de la firma. Cedida: UDC.


A Asociación Sociocultural ASCM e a Universidade da Coruña (UDC), comprométense así  a fomentar o intercambio de experiencias e de persoal nos campos da docencia, a investigación e a cultura en xeral, dentro daquelas áreas nas cales ambas as dúas teñan interese manifesto. Desde ASCM consíderase fundamental establecer vínculos e estratexias comúns cós principais organismos educativos da nosa comunidade autónoma, coa fin de acadar unha ampla sensibilización e concienciación entre aquelas mozas e mozos que, en breve, incorporaránse ao mercado laboral. A idea parte de trasladar a realidade do colectivo a futuros profesionais de diferentes eidos para que estes acaden un achegamento que lles permita implementar a inclusión e a accesibilidade universal, de xeito transversal, ao rol laboral que desenvolvan ao longo das súas traxectorias.

A ASCM e a UDC xa viñan colaborando durante os derradeiros anos con iniciativas coma unha xornada de mobilidade cas alumnas e alumnos da EUDI. Durante un día, o estudantado, tivo que sentar na cadeira de rodas para experimentar nas súas propias carnes as barreiras arquitectónicas que deben salvar, na súa vida cotiá, as persoas con diversidade funcional. Coa sinatura destes convenios, a ASCM, procura establecer unha relación baseada na fluidez e na continuidade, absorbendo a frescura das ideas que poidan aportar as/os estudantes da Universidade da Coruña; ao mesmo tempo que conciencian e sensibilizan aos participantes dos programas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog