jueves, 14 de noviembre de 2013

ÚLTIMOS DÍAS PARA AS VOTACIÓNS VIRTUAIS DO VOLUNTARIADO ASCM 2013

A Asociación Sociocultural de Minusválidos “ASCM” dispón dunha plataforma virtual onde os voluntarios/as da ASCM reciben os seus apoios dixitais.

Un ano máis a ASCM quere facer un recoñecemento público o traballo e adicación que solidariamente realizan os seus voluntarios día tras día. Dito recoñecemento faise a finais de ano porque o 5 de decembro e o día internacional do voluntariado.

Dende o ano 2005 os voluntarios e voluntarias da ASCM escollen a persoa que merece dita distinción que  representar o grupo de voluntariado durante 12 meses.

Ata o 15 de novembro as votacións son abertas através do Facebook da Asociación, posteriormente os propios voluntarios/as elixiran entre os máis votados ó elexido/a que recibirá dito homenaxe na cea anual que se organiza para o próximo 30 de novembro no Hotel Husa Odeon nun acto conxunto de proclamación e entrega do Premio Honorífico “Carro de Prata” e outras sorpresas.

O premio “Carro de Prata”, recoñece e galardoa públicamente, bienalmente e dun xeito honorífico, a persoas ou entidades que se distinguiron polo seu traballo e solidariedade que redundara en beneficio do colectivo de persoas con discapacidade da nosa bisbarra ou que destacaran pola súa labor de apoio á integración social, cultural ou laboral deste colectivo.

Máis información:
Ø  Rúa Fernando VI, Blq 2, baixos 18-19. 15403 FERROL. Tf.- 981351430
Ø  Estrada de Castela 256, baixo. 15570 NARÓN. Tf.- 981385366


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog