lunes, 11 de noviembre de 2013

CEA ANUAL DA ASCM: CHEA DE RECOÑECEMENTOS VIII EDICIÓN “PREMIO CARRO DE PLATA” E VOLUNTARIADO 2013

A Asociación Sociocultural de Minusválidos “ASCM” organiza para o próximo 30 de novembro a cea anual nun acto conxunto de proclamación e entrega do Premio Honorífico “Carro de Prata” e do recoñecemento público o “Voluntariado 2013”.

Aberto o prazo ata o 22 deste mes para apuntarse a cea anual da entidade que terá lugar no Hotel Husa Odeón o día 30 de novembro ás 21:30 h.  a  un custe de 20 euros por persoa.

O premio “Carro de Prata”, foi instaurado pola ASCM no ano 1997 co obxectivo de recoñecer e galardoar públicamente, dun xeito honorífico, a persoas ou entidades que se distinguiron polo seu traballo e solidariedade que redundara en beneficio do colectivo de persoas con discapacidade da nosa bisbarra ou que destacaran pola súa labor de apoio á integración social, cultural ou laboral deste colectivo. O pasado mes de outubro o xurado decidiu entre as candidaturas o premiado nesta VIII edición.

A distinción o voluntario ou voluntaria 2013 recoñece a dedicación, implicación e solidariedade do persoal voluntario que anónimamente aporta o seu grao de área en prol da plena integración das persoas con discapacidade. Esta distinción formalizase en dúas fases: unha primeira fase virtual na que os voluntarios reciben os apoios de familiares, amigos ou coñecidos através do álbum de fotografías “premio voluntario 2013” do  Facebook da asociación; os máis votados serán os que pasen a elección final que realizarase nunha reunión extraordinaria do grupo de voluntariado ASCM, pois os propios voluntarios e voluntarias son os que realmente coñecen a labor realizada polos compañeiros/as finalistas.

A entrega de ambos recoñecementos realizarase o próximo 30 de novembro, para anotarse na cea ou para máis información poderán dirixirse a calquera dos nosos locais, sitos en:
Ø  Rúa Fernando VI, Blq 2, baixos 18-19. 15403 FERROL. Tf.- 981351430
Ø  Estrada de Castela 256, baixo. 15570 NARÓN. Tf.- 981385366

A ASCM recorda que dispón de lotería de nadal sen recargo do número 47925


NOTA DE PRENSA: ASCM  07 de novembro de 2013



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog