jueves, 11 de febrero de 2010

Trece comparsas, catro máis que en 2009, participarán no Festival de Entroido do Concello de Ferrol


O Festival de Entroido organizado polo Concello de Ferrol bate éxito de participación nesta edición. Trece comparsas, catro máis que no 2009, inscribíronse para participar neste encontro que terá lugar o próximo martes na praza de Armas. En total serán 352 persoas procedentes entre outros concellos de Ferrol, Narón, Fene, Neda ou Cedeira, as que formarán nas agrupacións Marela-Ven, Os Parrandolos, Suricatas en el oeste, Os Kikos, A Revolta, Os Trastos, A Canteira, Troupele Troupele, Os Colludos, Os nenos de Lola, Os Xunquiños, As Espontáneas e Os Scratchados.

A estas comparsas sumarase a da APA do colexio Isaac Peral que participará co nome de “Peraliño”. A este respecto, a concelleira de Festas, Beatriz Sestayo, lembrou que este ano o Concello cursou por primeira vez unha invitación formal aos centros educativos da cidade para que participen neste festival formando unha comparsa cun mínimo de 15 integrantes.
Todos eles tomarán parte no tradicional desfile de comparsas e disfraces que se iniciará o próximo martes ás 19.30 horas na praza de Amboaxe. Dende alí, as formacións dirixiranse ata a praza de Armas, pasando polas rúas Real, Carme e Galiano. Alí terá lugar a partir das 20.15 horas, o Festival de Comparsas e Disfraces, no que cada agrupación actuará durante un mínimo de seis minutos e un máximo de 10, interpretando as súas cancións en galego. A comparsa gañadora levarase unha cesta de productos típicos do Entroido -valoraranse os disfraces, as letras das chirigotas e a posta en escena- ademáis dos 700 euros cos que será premiada a participación de cada unha das agrupacións.

DiariodeFerrol, 9-02-2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog