miércoles, 27 de enero de 2010

O aresano Enrique Ramil ascende ata o posto 28 na lista de candidatos a Eurovisión


A carreira cara a Eurovisión continúa para o aresán Enrique Ramil, que en tan só unha semana ascendeu dez postos, pasando de ocupar o lugar 37 (na tarde do 20 de xaneiro) ó 28 de onte. A última hora da tarde contaba cun total de 11.846 votos.

Meterse entre os dez primeiros clasificados (que serán os que participen na gala final de TVE) é a estas alturas bastante complicado xa que o artista que ocupa a décima posición conta cunha vantaxe de máis de 50.000 votos. Aínda así, os fans de Ramil continúan facendo campaña para que o de Ares chegue o máis lonxe posible.

Entre as iniciativas que se están a poñer en marcha atópase o grupo de Facebook “Queremos a Enrique Ramil en Eurovisión”.Polo momento conta con 531 membros que teñen a misión de votar todos os días, en cinco ocasións, polo artista.

As persoas que queiran amosarlle o seu apoio poden votalo a través da web de TVE (www.rtve.es/television/eurovision/). Tamén é posible facelo a través da súa páxina persoal (www.enriqueramil.com). As votacións rematan o 5 de febreiro.

DiariodeFerrol, 27-1-2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog