martes, 15 de septiembre de 2009

Caixa Galicia capta 700 novos voluntarios para as ONG galegas

Caixa Galicia captou máis de 700 novos voluntarios para as ONG galegas a través da súa exposición ‘Solidarízate’, un proxecto no que participaron 142 organizacións non gobernamentais e que prevé pechar o ano con 1.000 novos voluntarios.

Segundo explicou Caixa Galicia, a través deste programa puxéronse en práctica fórmulas de cooperación a través dun "amplo programa de actividades sociais, lúdicas e ambientais" nas que participaron máis de 1.500 persoas co obxectivo de "sensibilizar a poboación sobre a necesidade que ten a sociedade de persoas voluntarias para construír unha sociedade máis solidaria"

GalíciaHoxe.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog