miércoles, 12 de agosto de 2009

Álvaro Illobre subcampión do torneo de Miranda – Memorial Oliver Puras

O tenista do club ADM de Ferrol participou este fin de semana no torneo internacional de Miranda do Ebro, Memorial Oliver Puras, como homenaxe o finado compañeiro que morreu en maio deste ano

En individuales chegou as semifinais onde se atopou con Kiku Tur que xa esta recuperado da súa lesión muscular. Foi un partido vibrante, onde no primeiro set despregaron os dous o seu mellor xogo, Alvaro foi todo este set por diante por non pudo rematar, cedendo no tiebreak. No segundo set, Kiku cambio as cubertas da súa cadeira, cousa que descentrou un pouco a Alvaro e rompeulle o ritmo, que sumado a derrota do primeiro set, fixo cecer o segundo por 6-2. Kiku foi o vencedor do torneo gañando a Martin Varela na final.
Os seus mellores resultados chegaron no dobles, que formando parella co cormelán Martín Varela alcanzaron a final ante a parella Tur-Perez, cos que perderon por 61 76, tendo o segundo set na súa man, pero non poideron levatalo.

Nal roldas anteriores de individual e dobles gañou cómodamente os seus encontros. Tivo máis apuros co Junior Daniel Caverzaski co que gañou en cuartos 61 76 (8), pero cun segundo set apretado. Este rapaz e a nova promesa do tenis nacional en cadeira, en pouco tempo dara moita guerra.

Este fin de semana que ven Alvaro desprazase a León a xogar un torneo nacional. Aquí non defende puntos, asi que espera acadar a lo menos a final.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog