Buscar este blog

miércoles, 11 de septiembre de 2019

A ASCM achega as distintas capacidades á muller do rural cunha xornada na A.A.V.V de Covas


  • A "Xornada do Noso" achegará a realidade do colectivo, da muller con discapacidade, ás/ós veciños de Covas.

Cartaz da "Xornada do Noso" que organiza a ASCM.

A Asociación Sociocultural ASCM, dentro do programa "Iniciativa Xove" financiado pola Consellería de Política Social e Benestar da Xunta de Galicia, celebrará o sábado ás 18.00 h., na A.A.V.V de Santa Comba (Covas, Ferrol), a "Xornada do Noso". Esta iniciativa, que pretende achegar á realidade da muller con discapacidade ás/os veciñas/os, contará con diversas actividades; convidando á participación e implicación das persoas asistentes.
                                        Desfile de moda tradicional inclusivo.


A xornada comezará cun desfile inclusivo no que as socias e voluntarias da entidade amosarán as diferentes capacidades, no eido da moda tradicional galega. Este desfile é posible grazas ao préstamo, das prendas de roupa, por parte do Padroado de Cultura do Concello de Narón. Serán, precisamente, algunhas/os das/os alumnas/os da Escola de Música do Padroado as/os que amenicen a xornada cos sons máis tradicionais da nosa cultura. O broche final do evento será o coloquio "Xanta e Fala" no que se servirán algúns postres tradicionais galegos para acompañar, aquilo que é máis noso, a afamada retranca galega.


O evento é de carácter libre e de balde, até completar o aforo, e está aberto a que as persoas asistentes leven os seus traxes tradicionais e instrumentos musicais para darlle a Covas o toque "máis noso", dun xeito colaborativo. É esta a primeira das tres xornadas temáticas que ASCM organiza, dentro do marco de "Iniciativa Xove". O sábado 21 será a quenda da "Xornada WorkIn", centrada no eido laboral, e pechará a "Xornada Geek", o sábado 28 de setembro, có mundo friki como epicentro do evento.


Para máis información sobre estas actividades, as persoas interesadas, poderán resolver as súas dúbidas no teléfono 981 35 14 30 ou no correo electrónico comunicacionascm@gmail.com. Se prefieren solicitar información de xeito presencial, poderán facelo nas oficinas de San Roque e Ánimas Bajos 18-19, Bloque  2, en horario de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 h.

Repercusión en medios:



No hay comentarios:

Publicar un comentario