Mostrando entradas con la etiqueta vídeos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vídeos. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de septiembre de 2017

GAÑADORES DO CONCURSO +CAPAZ

Desde ASCM queremos agradecer a todos os colexios que participaron no noso concurso +CAPAZ os vídeos recibidos, a súa colaboración e o interese por dar visibilidade ás persoas con discapacidade.

O xurado deste concurso nomea como gañadores os seguintes colexios:

  • Na categoría de CANTO: "Colexio La Salle" pola súa peza "Ven comigo".

  • Na categoría de TEATRO: "CEIP A Gándara- Narón" pola súa obra "Manuela".

  • Na categoría de BAILE: "CEIP A Gándara- Narón" pola súa actuación "Bailando con Manuela".

¡Noraboa a todos/as os nenos/as!

No mes de setembro" Seguimos sensibilizando á infancia e á xuventude"

lunes, 8 de mayo de 2017

CONCURSO +CAPAZ

ASCM convídavos a participar no concurso "+CAPAZ", patrocinado pola Consellería de Política Social-Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

Este concurso, dirixido ó alumnado de primaria (6-12 anos), ten como obxetivo principal dar visibilidade ás persoas con discapacidade no entorno infantil.

Para participar so tedes que enviar unha peza audiovisual en galego (monólogo, teatro, canción...) sen duración mínima e máxima de 10 minutos, no que transmitades que é para vos a discapacidade e a Asociación Sociocultural ASCM.

O prazo de entrega finaliza o día 23 de xuño e a resolución do concurso comunicarase o 25 de setembro.


¡Esperamos os vosos vídeos!

Condicións nas bases do concurso +CAPAZ.





Medios que divulgan o concurso:

Galicia Ártabra, 5 de Maio de 2017

Diario de Ferrol, 6 de Maio de 2017