A entidade participa na Asemblea Xeral da Plataforma Galega de Voluntariado e impulsa novas liñas de traballo no ámbito da formación
A
Asociación Sociocultural ASCM continúa reforzando o seu compromiso co
voluntariado e co traballo en rede a través da súa participación activa na
Plataforma Galega de Voluntariado (PGV).
Paula
Gárate Formoso, presidenta de ASCM, vicepresidenta da PGV e responsable da súa
Comisión de Formación, participou onte na Asemblea Xeral da Plataforma,
celebrada en Santiago de Compostela, na que se abordaron diferentes liñas de
traballo para seguir fortalecendo o voluntariado en Galicia.
Entre
os asuntos tratados a xornada tamén permitiu avanzar na preparación de posibles
accións conxuntas arredor do Día Internacional do Voluntariado, que se
conmemora o 5 de decembro, nun ano especialmente significativo ao estar
declarado por Nacións Unidas Ano Internacional dos Voluntarios para o Desenvolvemento
Sostible 2026.
No
ámbito da formación, a comisión coordinada por ASCM continuará traballando na
identificación das necesidades reais das entidades como paso previo á
elaboración dun futuro Plan de Formación da PGV. Para iso, prevese realizar un
inventario dos recursos e necesidades formativas, revisar o catálogo existente
para detectar formacións imprescindibles e necesidades non cubertas e
identificar as formacións específicas que xa desenvolven as entidades membro.
Esta
participación dá continuidade aos 25 anos de experiencia de ASCM no ámbito do
voluntariado inclusivo, unha aposta por facilitar a participación activa e o
compromiso social das persoas voluntarias, con e sen discapacidade.
.jpeg)
.jpeg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario