A ASCM continúa traballando para garantir a mobilidade e a participación social das persoas con discapacidade grazas ao respaldo das administracións públicas.
A Deputación da Coruña colabora un ano máis co servizo de transporte adaptado da entidade mediante unha achega de 6.533,76 €, destinada a contribuír ao mantemento dun recurso esencial para moitas persoas con mobilidade reducida.
Pola súa banda, a Xunta de Galicia apoia este servizo cunha subvención de 14.258,63 €, permitindo facer fronte a gastos necesarios para a súa prestación e continuidade.
Estas axudas resultan fundamentais para que a ASCM poida seguir ofrecendo un servizo que facilita os desprazamentos de persoas que non poden utilizar o transporte público convencional, favorecendo a súa autonomía persoal, a súa inclusión social e a súa participación activa na comunidade. O transporte adaptado constitúe unha ferramenta clave para mellorar a calidade de vida das persoas usuarias e garantir a igualdade de oportunidades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario