miércoles, 18 de febrero de 2026

AS MENTIRAS DAS ADMNISTRACIÓNS, TEMA CENTRAL DOS COLLUDOS NESTE ENTROIDO

 Os Colludos contan con rifas para o sorteo dunha cesta de entroido da ASCM a favor dunha cultura inclusiva



A comparsa Os Colludos regresa este ano cunha proposta comprometida coa inclusión. O grupo, que leva desde o 2010 percorrendo os entroidos da comarca de Ferrolterra, celebra este ano o seu Entroido centrados nas mentiras e promesas das diferentes administracións coa inclusión real das persoas con discapacidade e a accesibilidade universal.

Os Colludos queren dicir basta tras anos de promesas baleiras, co obxectivo de transmitir que é hora de loitar por unha sociedade inclusiva, igualitaria e xusta. O seu nome reflicte precisamente ese carácter osado e reivindicativo, e ao mesmo tempo, á esencia de ser unha comparsa “cojonuda”.

Ademais, Os Colludos dispoñen de rifas da Asociación Sociocultural ASCM,  para unha cesta de entroido que se levará a persoa que o seu número coincida coas tres últimas cifras do sorteo diario da ONCE do 24 de febreiro. Estas cestas permitirán seguir a traballar por unha cultura inclusiva.

A cesta de entroido leva: grelos, un anaco de touciño entrefebrado, fideos Gallo, orellas de entroido, viño tinto Viña do Val, garavanzo cocido, rosquillas fritas, fariña, azucre, compango, fermento, un anaco de touciño, aceite, pataca, codillo de cerco, anís, unha peza de lacón, caixa de bombones.

Poderás atopar a Os Colludos nos Concellos da Comarca de Ferrol Terra e tamen o xoves 19 de febreiro ás 16:30 horas no DomusVi Narón e ás 18:00 horas no Centro Comercial de Narón.

As actuacións da comparsa estarán marcadas pola realidade que enfrentan, buscando poñer no centro da conversa os dereitos e a dignidade de todas as persoas, cunha mestura de humor e crítica social que non deixará indiferente a ninguén, unha chamada de atención pola loita dun mundo mellor, xusto e inclusivo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario