viernes, 16 de mayo de 2025

A Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia reforzan en 2025 o apoio ao servizo de transporte adaptado da ASCM

A Asociación Sociocultural ASCM continúa en 2025 co seu compromiso de garantir a mobilidade das persoas con discapacidade grazas ao apoio das administracións públicas.





A Deputación da Coruña colabora un ano máis a través da convocatoria FOAXE-P, cunha achega de 6.436,18 €, destinada a cubrir os gastos de persoal vinculados ao servizo de transporte adaptado da entidade.

Pola súa parte, a Xunta de Galicia, mediante a convocatoria do 0,7 % do IRPF, contribúe cunha subvención de 14.468,19 €, que permite afrontar custos relacionados co persoal, reparacións dos vehículos, gasóleo e seguros, garantindo así a continuidade dun servizo esencial.

Este apoio institucional permite que a ASCM poida ofrecer transporte adaptado a aquelas persoas con mobilidade reducida que non poden utilizar o transporte público convencional nin dispoñen doutras alternativas. O obxectivo é favorecer a súa participación activa na vida social e comunitaria, mellorando de forma significativa a súa calidade de vida.

A implicación das administracións públicas na promoción da accesibilidade universal segue a ser fundamental para avanzar cara á plena inclusión social das persoas con discapacidade.


                                        


No hay comentarios:

Publicar un comentario