Dende a ASCM compartimos a
excelente nova de que fóronnos concedidos catro proxectos que reforzan o noso
compromiso coa inclusión, a accesibilidade universal e a mellora da calidade de
vida das persoas con discapacidade e/ou dependencia.
Estes proxectos están financiados a través da
convocatoria do 0,7% do IRPF da Xunta de Galicia, unha liña de apoio
fundamental para o desenvolvemento de programas sociais que contribúen á
igualdade de oportunidades e á cohesión social en Galicia.
A continuación, presentamos un pequeno resumo de cada un deles:
EPA 2025: Educación para Adultos
Programa formativo dirixido a persoas con
discapacidade, centrado no desenvolvemento de habilidades da vida diaria,
comunicación, competencias sociais e novas tecnoloxías. O seu obxectivo é
mellorar a autonomía, o empoderamento persoal e favorecer a inclusión social e
futura inserción.
PARTIRES III: Participación Inclusiva e
Respiro Familiar
Proxecto que promove a participación activa e
inclusiva mediante actividades interxeracionais e obradoiros adaptados. Inclúe
accións de sensibilización comunitaria para fomentar a accesibilidade universal
e avanzar cara a unha sociedade sen barreiras.
Rodando Xuntos
Iniciativa que pon en marcha un espazo para o
mantemento, reparación e préstamo de cadeiras de rodas, garantindo a mobilidade
e autonomía das persoas usuarias a través de persoal técnico especializado.
TRANSCOL
Servizo porta a porta e baixo demanda, que
facilita a asistencia a actividades, xestións ou consultas sanitarias. Adaptado
ás necesidades reais das persoas usuarias.
Con estes catro proxectos, a ASCM reforza o seu
compromiso coa inclusión, a accesibilidade e a mellora da calidade de vida das
persoas con discapacidade e/ou dependencia, avanzando cara a unha sociedade
máis xusta e participativa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario