martes, 30 de enero de 2024

A ASCM continua este ano co proxecto “Tesouros diversos: a riqueza da diversidade” vinculado o mar

 O programa promovido pola Asociación Sociocultural ASCM e polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE pretende xerar sinerxias entre diferentes colectivos sociais en prol dunha maior sensibilización de cara ao coidado do medio mariño. Co sector pesqueiro como fío conductor e motor de cohesión social, a iniciativa tratará de buscar o fomento da economía social na zona a través da posta en valor do patrimonio natural e cultural, da valorización dos produtos pesqueiros e da inclusión como axente protagonista.



A Asociación ASCM acadou a finais do 2023 a resolución favorable ao proxecto Tesouros diversos: a riqueza da diversidade que fora presentado na convocatoria de outubro dese mesmo ano á convocatoria do GALP Golfo Ártabro Norte e que versa sobre a importancia de conservar e preservar o medio mariño, o seu patrimonio, os produtos da pesca e poñer en valor a cohesión entre diferentes sectores sociais.

O proxecto extenderase ata o último trimestre do presente ano e contempla tres liñas principais de traballo:


1. FORMACIÓN, que recibirán os usuarios e usuarias de ASCM e coa que despois serán eles e elas quen realice actividades noutros centros colaboradores. As actuacións levaranse a cabo no mes de marzo.

2. ACTUACIÓNS DE DIVULGACIÓN, SENSIBILIZACIÓN E VALORIZACIÓN DE PRODUTOS PESQUEIROS que irán destinadas aos usuarios da entidade promotora, centros de maiores e de persoas con discapacidade, sector pesqueiro e público en xeral. No marco destas actuacións hai un amplo programa de actividades que se propolongarán ata finais do verán.

3. ACTO DE CLAUSURA no que dar a coñecer os resultados obtidos e degustar produtos pesqueiros do territorio. Terá lugar no mes de outubro.

Colabora na iniciativa a Confraría de Pescadores de Barallobre que, ademais de aportar parte do produto pesqueiro das degustacións, será tamén receptor e partícipe activo nas actuacións de sensibilización propostas.

Repercusiones: 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog