A mostra permanecerá no Centro Social de A Gándara dende
o vernes 29 de setembro ata o mércores 11 de outubro
A Asociación Sociocultural ASCM inaugura este vernes, ás 11:30 horas no
Centro Cívico de A Gándara, a exposición de diversas fotografías do Entroido na
comarca de Ferrolterra aportadas fundamentalmente polas Comparsas da bisbarra,
O enfoque desta actividade xorde da necesidade de dar a coñecer a cultura dende
unha perspectiva interxeracional e inclusiva.
Esta particular recopilación de case un centenar de fotografías repartidas
en 25 paneis queren por en valor o entroido de concellos como Ferrol, Narón,
Neda, Valdoviño, Fene ou Pontedeume, transmitindo esta cultura popular ós máis
pequenos.
As visitas son totalmente gratuitas e pódense realizar os luns, martes e
xoves de 9.30 a 13.30, venres de 9.30 a 13.30 e de 16.00 a 20.00, e sábados de
10.00 a 14.00 horas. Pódese tamén concertar vista para grupos no teléfono 604.05.57.03.
Dita mostra arranca gracias o apoio do
programa “Iniciativa Xove” da Xunta de Galicia e conta coa colaboración das
seguintes comparsas: Os Parrandolos (nace no 1983 no seno da Sociedade Cultural
Areosa de Piñeiros); Os Argalleiros (comenza a súa andadura no ano 1987); Os
Trastos (crease en Valdoviño no ano 2003 vinculada á Asociación Cultural
Recreativa Os Amigos); e Os Colludos (da ASCM nace en Narón no ano 2010).
No hay comentarios:
Publicar un comentario