lunes, 3 de abril de 2023

ASCM ENTRA A FORMAR PARTE DO CONSELLO ASESOR DE PACIENTES DA ÁREA SANITARIA DE FERROL



A Asociación Sociocultural ASCM  incorpórase ó Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Ferrol, tal e como se recolle hoxe no Diario Oficial de Galicia. ASCM ten, entre outras funcións, o desenvolvemento de actividades de promoción e atención a persoas con discapacidade. Estes Consellos asesores permiten ós pacientes, a través das súas asociacións, ter maior voz e asesorar a través destes órganos sobre aspectos relacionados coa asistencia sanitaria, a prevención da enfermidade ou o deseño dos espazos dos centros sanitarios para a mellora da súa accesibilidade e funcionamento. 

Tamén poden realizar propostas que poidan contribuír á mellora da atención e coidados dos pacientes, asesorar sobre os contidos das guías de información dirixidas a pacientes, ou na mellora da información da seguridade, entre outras cuestións.

Este Consello creábase na Área Sanitaria de Ferrol no 2019. Estaba conformada de inicio por 19 asociacións da Área, e hoxe está integrado por 21 colectivos. Este Consello reuniuse en catro ocasións dende a súa creación, e mantivo xuntanzas telemáticas a pesar da pandemia.

Claves do Consello Asesor 

O Consello Asesor de Pacientes é un órgano de carácter consultivo regulado na Orde de 16 de outubro de 2018, pola que se establece a composición e o réxime de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, e na que tamén recolle as  indicacións para incorporarse ó mesmo. Configúrase como un vehículo de implicación das asociacións nas que se agrupan os pacientes, canalizando a súa su participación e a das súas familias (ou das persoas que os representen ou que se responsabilicen do seu coidado), coa finalidade de participar e colaborar na mellora da calidade da asistencia sanitaria.

Como punto de partida deste Consello, a Área Sanitaria de Ferrol realizaba unha xuntanza informativa con persoas vinculadas a asociacións de pacientes de diferentes patoloxías dos Concellos que comprenden a Área sanitaria de Ferrol para darlles conta da pronta creación deste Consello; de como se podía participar; de que se abriría un prazo para solicitar a participación voluntaria no mesmo; e dos pasos a seguir. 

Pechado o prazo de presentación de solicitudes, o Consello constituíase en marzo de 2019, coa publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio de designación das asociacións de pacientes que formaban parte deste Consello. Uns días máis tarde xa se producía a primeira xuntanza trala constitución. A segunda foi en novembro dese mesmo ano 2019, uns meses previos a pandemia que paralizou a reunión do 2020, e que se retomou con sendas reunións en marzo e decembro de 2021. O pasado decembro producíase a cuarta das reunións xa de modo presencial.

Forman parte do Consello, ademais da recente incorporación de hoxe da Asociación Sociocultural ASCM, a Xunta local de Ferrol da Asociación Española contra o Cancro; Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal; a Liga Reumatolóxica Galega, AFEM, ALCER, ASOTRAME, FEGEREC, ACCU, AFAL, AGAVIDA, AGADHEMO, ADF, AMICOR, ASPANEPS, AFFINOR, AGAELA, ACEGA, AIRIÑOS, AGAL, e ASPANAES.

Fuente: Sergas

Repercusiones:

Diario de Ferrol

Galicia Press: 



Galicia Ártabra:




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog