Dará comezo ás 12 horas e desenvolverase en colaboración coa asociación de veciños e a entidade sociocultural ASCM no marco dos actos conmemorativos do 50 aniversario do barrio
FERROL, 28 DE SETEMBRO. O Concello de Ferrol promove para esta fin de semana,
o domingo 2 de outubro, ás 12 horas, unha nova andaina, neste caso no barrio de
Caranza, aberta a toda a poboación. A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez
Montero, indicou que será a terceira edición da ‘Andaina Inclusiva de Cor-Sportod@s’
e desenvolverase no paseo marítimo do barrio coa colaboración da asociación veciñal de
Caranza e a entidade sociocultural ASCM no marco dos actos conmemorativos polo 50
aniversario do barrio.
A edil lembrou que a inscrición é de balde e xa está aberto o prazo para que as
persoas interesadas se anoten. Poden facelo na asociación de ASCM (rúa San Roque e
Ánimas, Bloque 2, Baixo 18-19. Tlfo: 981351430/comunicacionascm@gmail.com) ou a
través do formulario que se atopa no enlace https://bit.ly/AndainaCoresCaranza. Tamén
a través da asociación de veciños de Caranza (tlfo: 981 32 58 52 ou no correo
electrónico: avvcaranza@mundo-r.com).
A iniciativa busca “visibilizar a situación das persoas con diversidade funcional
desde un entorno positivo e inclusivo”, indicou a edil. Será un evento “festivo no que
todos os participantes poderán facer un percorrido de preto de dous quilómetros nos que
serán espolvoreados con pos de cores”. O lema ‘Príngate de Cor’ invita a toda poboación a participar e deixar pegada no camiño “para alcanzar unha sociedade sen
barreiras”, apuntou a edil.
A recepción e entrega de dorsais se realizará unha hora antes do inicio da andaina,
ás 11.00 horas, cando remate o prazo de inscrición. Os participantes inscritos recibirán
un paquete de benvida e durante o percorrido atoparán música, agasallos e premios,
entre outros. A entidade veciñal aportará placas conmemorativas para as categorías
participantes: á entidade social con máis participación, o centro escolar con máis
participación, para o participante de maior idade e para o de menor idade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario