jueves, 2 de junio de 2022

Concello e entidades sociais analizan o borrador do regulamento autonómico de accesibilidade

O concelleiro de Mobilidade e Urbanismo trasladou esta mañá aos grupos municipais que se están a preparar alegacións ao texto. Julián Reina explicou que onte se reuniu con representantes da entidade Diversidade Funcional e mañá encontrarase con membros de ASCM


Concello e entidades sociais analizan o borrador do regulamento autonómico de accesibilidade


O Concello de Ferrol e entidades sociais da cidade están a manter reunións de traballo para abordar o borrador do regulamento autonómico de accesibilidade de Galicia, tal e como trasladou esta mañá o concelleiro de Mobilidade e Urbanismo, Julián Reina, aos grupos municipais durante a comisión de área. O edil deu conta da reunión que mantivo no día de onte con representantes da asociación Diversidade Funcional e anunciou que mañá manterá un encontro con representantes de ASCM. “Estamos a analizar con entidades e asociacións da cidade o texto de cara a preparar as alegacións que presentaremos nos próximos días”, apuntou. 


O edil explicou que, do mesmo xeito, se están a manter contacto cos colexios profesionais para “poñer puntos en común” e lembrou que a participación “está aberta a todos os grupos políticos”. Neste senso, Reina explicou que o Concello tamén está a traballar na ordenanza municipal sobre a materia, en concreto na fase de suxerencias, á espera da aprobación definitiva do regulamento da Xunta. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog