viernes, 26 de noviembre de 2021

MENCIÓN ESPECIAL “CARRO DE PRATA” DA ASCM PARA A ASOCIACIÓN DE CONCELLOS DO CAMIÑO INGLÉS



Asociación Sociocultural ASCM, fará entrega do galardón “Carro de Prata” e a Voluntaria do ano 2021 nunha Gala que terá lugar o 3 de decembro na Sede de Afundación (Ferrol), e que contará coas actuacións do grupo musical BÖJ e a Banda “El Cristo de la Buena Muerte”, entre outras sorpresas.

A ASCM aposta por promover un camino accesible e inclusivo, sendo o Camiño Inglés unha moi boa opción con moito potencial para poder conseguir que sexa un camiño para todas as persoas, e poñendo de manifesto a importancia de traballar con todos os axentes e especialmente cos concellos implicados o xurado do “Premio Carro de Prata” acordou realizar una mención especial para a Asociación de Concellos do Camiño de Santiago, con independencia das candidaturas que optan ao galardón bienal, convocado pola Asociación Sociocultural ASCM dende o ano 1997. Este recoñecemento ten por obxecto por en valor o labor que entidades e persoas físicas realizan en favor do colectivo de persoas con discapacidade.

Os aspirantes finais pertencen a diversas áreas: a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF), polo labor realizado a prol do colectivo e que celebra o seu 50 aniversario o vindeiro ano; Leroy Merlin pola sua aposta na creación de postos de traballo e a inclusión laboral ademáis de accións de accesibilidade e adaptación de fogares; e a Obra Social La Caixa polo apoio dado a moitas iniciativas que fan posible unha mellor calidade de vida a moitos colectivos desfavorecidos.

Por outra banda, formalizarase oficialmente o recoñecemento a “Voluntaria do Ano” deste 2021 a Toñita Espiñeira; voluntaria con discapacidade da nosa entidade desde o ano 2012. Aporta o seu graniño de area fomentando a participación e dinamización na Asociación. María Pita Romero e Adán López foron os seguintes máis votados.

A entrega dos galardóns terán lugar o 3 de decembro, ás 18.00 h, na Sede Afundación (Ferrol). A entrada é de carácter gratuíto. Precísase confirmación de asistencia no mail comunicacionascm@gmail.com (antes do 28 de novembro).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog