O alcalde, Ángel Mato, e a presidenta da asociación sociocultural de persoas con discapacidade rubricaron esta mañá o documento no pazo municipal. O rexedor destacou o traballo que fai a entidade para promover unha mobilidade máis axeitada, asesorar aos seus usuarios e prestar atención psicosocial
O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e a presidenta da asociación sociocultural de persoas con discapacidade ASCM, Paula Gárate, firmaron esta mañá un convenio de colaboración de 20.000 euros para este ano co fin de mellorar no eido da accesibilidade, a integración e o voluntariado. Esta subvención aumenta en 2.000 euros respecto ao ano pasado e forma parte do anexo de subvencións nominativas do Concello de Ferrol para este exercicio aprobado polo pleno municipal o pasado mes de marzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario