- 16.000 euros para continuar o labor de plena inclusión desenvolvida na cidade
A Asociación Sociocultural ASCM subscribiu telematicamente o convenio de colaboración có concello de Narón. A entidade, que traballa pola plena inclusión das persoas con discapacidade, conta cunha delegación na Avenida da Solaina (Santa Icía) onde desenvolve boa parte da súa actividade social. A contía outorgada pola corporación, encabezada por Marián Ferreiro, ascende a 16.000 euros e permitirá desenvolver a programación prevista por parte da entidade.
A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, destacou a importancia de "continuar traballando pola plena integración das persoas con diversidade funcional; ofrecendo servizos que precisen". Pola súa banda, a presidenta da ASCM, Paula Gárate, "agradeceu o compromiso do consistorio cunha entidade social na que hai unha alta presenza de asociados de Narón"; resaltando a intención de ASCM de manter un alto grao de actividade na cidade, así coma de colaboración coa súa administración, tal e coma ven sendo habitual.
Repercusión en medios:
- Web Concello de Narón, 2020- 09-03, "A ALCALDESA ASINA OS CONVENIOS DE COLABORACIÓN CO PATRONATO CONCEPCIÓN ARENAL E A ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL ASCM".
No hay comentarios:
Publicar un comentario