lunes, 1 de julio de 2019

Bases XI Edición do premio "Carro de Plata"


BASES “XI EDICIÓN: PREMIOS CARRO DE PRATA 2019”


                                                    Pasada Edición de los Premios Carro de Plata.

O premio Carro de Prata foi instaurado con carácter honorífico pola Asociación Sociocultural ASCM no ano 1997. Cunha periodicidade bienal, ten como finalidade recoñecer e galardoar a aquelas entidades ou persoas que se distinguiron polas suas accións a prol do colectivo de persoas con discapacidade dentro da comarca de Ferrolterra en diversos eidos: no campo da accesibilidade, ocio e tempo libre, deporte, integración social, cultural, laboral, investigación, etc.

         A Asociación Sociocultural ASCM quere premiar, con carácter exclusivamente honorífico, a        entidades de carácter tanto público coma privado (asociacións/organismos ou persoas físicas) que se distinguiran polas súas accións a prol das persoas con discapacidade, ou ben que destacaran polo seu labor de apoio na integración social, cultural ou laboral deste colectivo.

      O Premio Honorífico concédese á proposta de calquera persoa física ou organismo. Aqueles que consideren que unha determinada entidade ou persoa é merecedora deste premio pola súa destacada tarefa, poderán enviar a candidatura por email na dirección: comunicacionascm@gmail.com e efectuar a proposta correspondente, aportando a información que acredite os méritos para optar á concesión de dito premio.
      
      A "ASCM" poderá, así mesmo, presentar as candidaturas que estime oportunas ao xurado para o seu estudio e consideración.

         Os candidatos ó premio terán que ter desenvolvido o seu labor dentro do marco xeográfico da comarca de Ferrolterra.

       O xurado, aínda por confirmar, estará composto por personalidades relevantes do sector, representantes dos medios de comunicación, un máximo de dous integrantes da ASCM e representantes da Administración Pública.

       O xurado do premio analizará e valorará as actividades e logros acadados. No exercicio da súa función o xurado poderá pedir asesoramento e recadar a información complementaria que estime procedente. A actividade do xurado non será retribuída. En caso de empate, será a presidenta da ASCM quen determine que candidatura obterá o galardón.



        O prazo de admisión de propostas farase público aos medios de comunicación comarcais e rematará o 1 de novembro de 2019.


        Unha vez cumprido o prazo de admisión de propostas, a información sobre os candidatos será enviada a través de correo electrónico ós membros do xurado. O premiado será elixido nunha reunión o día xx de novembro na Sede ferrolana da Asociación. A proclamación do premiado terá lugar o día xx de novembro durante a Gala de Entrega do XI Edición do Premio Carro de Plata.

        As decisións do xurado referentes a todo o proceso de concesión serán inapelables.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog