lunes, 20 de marzo de 2017

PERSPECTIVA 30 ANOS DA MULLER CON DISCAPACIDADE

ASCM organizou este pasado venres unha mesa redonda titulada "Perspectiva 30 anos da muller con discapacidade" na que un grupo de mulleres falaron dos temas que máis lles preocupan e dos cambios que viviron o longo destes 30 anos.

Este acto comezou, a modo introductorio, cun repaso das actividades que tiveron e terán lugar neste mes, adicado a muller. Logo, tivo lugar unha charla moi amena na que se trataron varios puntos:

  • Accesibilidade: comentaron as barreiras coas que se atoparon o longo da súa vida, como por exemplo nas aulas, que na sua época non estaban adaptadas.
  • Discriminación: máis da metade das mulleres comentaron que sufriron discriminación, desde insultos, violencia ou marxinación.
  • Superación: as asistentes compartiron situacións nas que non obtiveron apoio do seu círculo máis cercano, como a obtención do carné de conducir ou a continuación dos seus estudos.
  • Sexualidade: falaron sobre as súas experiencias e sobre o que lles preocupa, así como de menstruación e maternidade.
  • Feminismo: as mulleres puideron compartir os seus puntos de vista sobre ese tema, formando un pequeno debate.

"Perspectiva 30 anos da muller con discapacidade" resultou moi entretida e útil para as mulleres que acudiron. ¡Xa están desexando ir a outra!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog