viernes, 12 de septiembre de 2014

EXPO-DIVERSIDADE “A PINTURA DENDE OUTRA PERSPECTIVA”



NOTA DE PRENSA: ASCM, 12 de setembro de 2014





EXPO-DIVERSIDADE “A PINTURA DENDE OUTRA PERSPECTIVA”

A Asociación Sociocultural ASCM presenta na Casa Solidaria de Ferrol 

unha exposición pictórica itinerante que inaugurará o alcalde José Manuel Rey Varela



O vindeiro luns 15 de setembro ás 10:30h, a Asociación Sociocultural “ASCM” presenta na Casa Solidaria a Exposición EXPO-DIVERSIDADE “A PINTURA DENDE OUTRA PERSPECTIVA”. 

Co obxectivo de acercala máis a xente, EXPO-DIVERSIDADE preséntase nesta ocasión como unha “Exposición itinerante” que arrincará na Casa Solidaria, pasará polo Centro Carvalho Calero Do Inferniño, polo Centro Civico de Caranza e finalizará na sala de Exposicións da Autoridade Portuaria no Porto de Ferrol. 

En esta ocasión presentarase obras dos artistas do grupo ASCM (Pilar Panceiras Crego, Tonita Espeiñeira Freire, Victor Alfonso Ayala Marchena, Dolores Veiga Carballal, Jose Luis Casas Piñon e Edwin Arley Aragón Cardona), Rosa López losada, Marta González Martin, residentes del CAMF-Ferrol (Basilisa Cela Pérez, Teresa Conde Conde e Mini Rodriguez Guerrero) e residentes de Geriatros Ferrol.

EXPO-DIVERSIDADE é una continuidade da exposición de pintura “Artistas por descubrir” promovida pola ASCM o pasado ano. Este evento artístico pretende dar a coñecer a obra de diferentes artistas dependentes ou con algún tipo de discapacidade, abrindo una nova forma de expresión a través da pintura inclusiva, fomentando así una maior interacción coa comunidade.

As obras expostas son o fruto dunha metamorfose colectiva que pretende favorecer a autonomía das persoas con diversidade funcional a través das artes plásticas. As limitacións de cada artista non son máis que camiños de imaxinación infinita, porque en cada cadro están presentes os soños e as ilusións de superación e de autorrealización de cada autor/a.

As datas e lugares onde se exhibirán estas obra son as seguintes:


Casa Solidaria:

Inauguración: 15 Setembro as 10:30 horas.

Días: 15, 17 e 19 de setembro

Horario: de 10 a 13:30 horas.



Centro Carvalho Calero:

Días: do 23 o 25 de setembro.

Horario: de 10 a 13:30 horas.



Centro Cívico de Caranza:

Días: do 6 o 8 de outubro.

Horario: de 17:30 a 19:30 horas.



Sala de exposición da Autoridade

Portuaria—porto de ferrol

Días: do 14 o 16 de outubro.

Horario: de 17:30 a 19:30 horas.

Clausura: 16 Outubro as 18 horas



Máis información:


ASCM Ferrol– Tf. 981 351430

ASCM Narón – Tf. 981 385366

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog