martes, 17 de junio de 2014

O CONCELLO DE FERROL CONTRIBUE COA ASOCIACION SOCIOCUILTURAL ASCM NO DESENVOLVEMENTO DUN PROGRAMA DE INTERVENCION EN URXENCIASSOCIAIS



O acordo de cooperación permitirá o funcionamento da liña de atención telefónica, apoio e acollida de contido social; a realización de desprazamentos do persoal da entidade para atender situacións de emerxencia social; ou a aplicación de protocolos de derivación aos servizos sociais.



O Goberno Municipal de Ferrol, que preside Jose Manuel Rey Varela, asinou un convenio de colaboración coa Asociación Sociocultural  (ASCM), presidida por Ángel Garate Roca. A través deste acordo, o Concello de Ferrol dálle continuidade ao programa de intervención en urxencias sociais na cidade: S.O.S Ferrol.

A concelleira de Benestar Social, Rosa Martínez Beceiro, explicou que este convenio permitirá a continuidade do funcionamento da liña de atención telefónica, apoio e acollida de contido social; a realización de desprazamentos por parte do persoal da entidade ao lugar onde ten lugar a situación de emerxencia social, tanto domicilio particular como a vía pública; o servizo de acompañamento de persoas ao equipamento que mellor responda ás súas necesidades de emerxencia; a aplicación de recursos dispoñibles para remediar situacións de emerxencia; o establecemento de protocolos de derivación aos servizos sociais; a recollida de datos e información de intervención, e tamén o procesamento de ditos datos.
A Administración municipal achega 40.000 euros coa sinatura deste convenio de colaboración para a continuidade deste programa de intervención en urxencias sociais que permite unha atención á cidadanía en horario nocturno os 365 días do ano.

http://www.ferrol.es/02-novas-ampliar.aspx?id=1003

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog